Galiza – Irán – Exípto
Un festival consolidado
O Encontro Internacional de Pandeiros de Mao chega a súa V edición.
Consolidado como un referente no seu xénero posto que o seu concepto
local é tamén exótico e universal, fixo que acadase grande repercusión en
ámbitos especializados na crítica musical. Este festival é un evento
particular entre o gran público que se achega a Pontevedra cada ano.
Nas primeiras edicións do Encontro contouse con figuras destacadas como
Eliseo Parra (Castela), Xavier Leturia (Euskadi), Soltxu Rodríguez
(Cantabria), Henrique Peón ou Carlo Rizzo (Italia). Desde a primeira
edición, o peche do encontro estivo representado polo Serán Urbano que
reúne a tocadores de pandeiros de mao (pandeiras, pandeiretas) de toda
Galiza enchendo as prazas de Pontevedra de cantos e bailes e congregando
a un público numeroso.
Unha dimensión pública
Para a V edición, o Centro Galego de Música Popular deseñou este festival
DUF, verba de orixe árabe -presente xa nas cantigas medievais- da que
derivou adufe, nome co que tamén se denomina ao pandeiro.
DUF vai dirixido a todos os públicos sen descoidar a programación de
actividades para investigadores e músicos -master class, exposición do
adufe histórico de Perfecto Feijoo, presentación edición monográfica de
Etnofolk sobre os pandeiros de mao…-
Ademais no Auditorio de CaixaNova terán lugar 3 concertos de luxo: Leilía
(Galiza), Barbod (Irán), Mohamed El Sayed (Exípto)
O Serán Urbano, feira de artesanía musical, taller de construción dun
pandeiro, punto de información cunha exposición temática, venda de
material bibliográfico e audiovisual, mostra de pandeiros de mao terán lugar
nunha carpa/haima situada na Praza da Ferreria.
Un novo concepto: as influencias árabes
Porén, DUF remarca o carácter internacional do Encontro dirixíndose á
tradición musical árabe, pobo que introduciu na Península os pandeiros de
mao, os instrumentos máis populares en Galiza dos últimos mil anos.
A presenza da cultura árabe reflíctese non só nos artistas (de Irán e Exipto)
que virán este ano, mais tamén por parte dos colectivos de inmigrantes
asentados no noso país que mostrarán a súa cultura.
O Encontro Internacional de Pandeiros de Mao é unha produción exclusiva
de aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular- para o Concello de
Pontevedra
Programación
Venres 14 Novembro
16:00 h Praza da Ferraría
-Apertura da Haima DUF: feira de artesanía musical na que
participarán mestres de Galiza (Carlos Collazo, Xaneco Tobío), Portugal
(Paulo Meirinhos), Castilla (Victor Barral).
-Punto de información xeral
-Tetería con especialidades árabes,
-Exposición de material bibliográfico e fonográfico.
20:00 h Centro Social Caixanova.
-Concerto:
Barbod. Irán
Lelía. Galiza
Mohammed el Sayed. Exipto
Sábado 15 Novembro
10:00 h Museo de Pontevedra
-Obradoiro “Fai o teu pandeiro!” O mestre artesán Carlos Collazo
dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución do orixinal de
Perfecto Feijóo -co que se realizaron as primeiras gravacións
fonográficas deste instrumento en 1904- conservado no Museo.
*Esta actividade conta cun número de prazas limitadas.
11:00 h Praza da Ferraría
-Ao encontro de… Mohammed el Sayed na Haima Duf. O maestro
exipcio compartirá conversación e té con interesados na súa realidade
musical nun encontro de mediación cultural entre artista e público.
12:00 h -Concerto de Tanxedoras, presentando en exclusiva o seu primeiro
lanzamento discográfico.
17:30 h -Artesáns en palco: Exhibición musical dos artesáns participantes na
feira no escenario central no que presentarán os seus instrumentos
interpretando repertorio específico das súas tradicións musicais.
20:00 h -Serán Urbano: Concerto aberto inaugurado polas futuras promesas
xurdidas no selo da AFI de Pontevedra e actuacións de tocadores de
pandeiros de man afeizoados e experimentados músicos da bisbarra
pontevedresa. Tamén haberá unha representación dos colectivos de
mulleres árabes na Galiza.
Domingo 16 Novembro
10:00 h-14:00 h Casa das Campás
-Master class de pandeireta galega impartida por Felisa Segade
-Concerto, exhibición de repertorio e técnica galega a cargo de Felisa
Segade.
-Presentación de Etnofolk do número especial da Revista galega de
etnomusicoloxía Etnofolk, nº8. Coordinado polo Conservatorio de
Música Tradicional e Folque (CMTF) que inclúe traballos presentados
por profesores do encontro internacional de pandeiros de mao de
Pontevedra nas edicións pasadas.
Espazos do Encontro
-1. Praza da Ferraría, escenario
central onde se celebrarán os
concertos populares, feira
artesanía musical, punto de
información e dinamización dos
colectivos árabes en Galiza, venda
de libros/discos.
-2. Museo de Pontevedra,
nunha das súas salas terá lugar o
obradoiro de artesanía musical de
fabricación dun pandeiro
reprodución do orixinal empregado
por Perfecto Feijóo conservado no museo.
-3. Centro Social CaixaNova,
o seu auditorio acollerá os concerto do venres á noite: Leilía, Barbod e
Mohammed el Sayed.
-4. Casa das Campás,
(reitorado da Universidade de Vigo en Pontevedra) celebración das master
class do domingo pola mañá e presentación da revista Etnofolk
Biografía dos artistas en palco.
Leilía (Galiza)
Nace no verán do 89 unha formación de mulleres,
que aposta dun xeito pioneiro e atrevido pola
recuperación das vellas raíces, buscando a
autenticidade co fin de achegala ós nosos días.
Leilía abre un camiño propio ó publicar a mediados
dos 90 o primeiro traballo discográfico chamado
“Leilía” composto exclusivamente por cantos
tradicionais.
Para Leilía a evolución foi todo un reto. Así, no ano
98 publica “I é verdade i é mentira” onde destaca o respecto pola tradición
e as novas incorporacións: polifonías, instrumentos,…
Con este novo paso foron moitas as persoas que se achegaron a un mundo
que antes descoñecían, dando así vida ó pasado a través do presente.
“Madama”, o seu terceiro disco e “Son de Leilía” (2005) recompilación das
colaboracións con outros artistas, consolida unha carreira coherente e rica
cunha aporta á historia contemporánea da música galega que é referente
para outros artistas.
Mohammed el Sayed. (Exipto)
Un novo valor nacido no Cairo no ano 1979. Desde
pequeno formou parte de grupos infantís de danza e
música da súa cidade.
Transládase nos anos 90 a España e profesionalízase na
danza e música oriental da man de Shokry Mohamed,
precursor da danza oriental no estado hai xa 25 años.
No Cairo continuou a súa aprendizaxe Sufí na Escola
Tannura da mezquita do Sultán el Gurí, co grande mestre
Bondok el Asmar, un dos máis famosos derviches dos
tempos modernos.
No 2005, funda canda Elena Juez, a Compañía de Danzas
Árabes Hanin, coa que leva actuado por toda a xeografía peninsular.
Massud Naderi e Barbod (Irán)
Massud Naderi, percusionista persa residente en Barcelona,
naceu en Teherán en 1974.
Desde moi novo, empezou o estudo da arte do tombak o
zarb, instrumento típico do seu país.
A súa carreira como músico empezou con diferentes
grupos en Teherán. Canda o mestre Shanin Mohajeri,
ideou técnicas de afinación para o principal instrumento de
percusión da música culta persa, para afinalo respecto aos
diferentes modos (dastgahs) persas, creando unha
linguaxe diferente ao tombak clásico.
Logo estudaría co grande mestre Bahman Rajabi, de quen herdou a estética
e a postura te tocar das mans.
Instalado en Catalunya no ano 2001, leva colaborado con músicos e bandas
ibéricas, persas e internacionales, coma L’Ham de Fóc, Juan Flores, Pepe
Ferrer, Ross Daly ou Davood Khan.
Barbod é a banda coa que se presentará en Pontevedra.
Tanxedoras (Galiza)
Tanxedoras é un grupo de música
tradicional galega, formado por
cinco rapazas de Vigo (Ioli, Leni,
Margó, María e Tere), que se
caracteriza polo emprego de
distintos instrumentos de percusión
galega como pandeiro, pandeireta,
pandeira, tixola, legón, culleres…,
ademais de gaita e acordeón.
Tanxedoras é un proxecto que naceu en setembro de 2003. Con
anterioridade formaron parte doutras agrupacións folclóricas, mais os
camiños da vida xuntáronas para traballar arredor dunha idea común: a
recuperación do legado musical de Galicia.
Coincidindo co quinto aniversario da súa formación, en outubro de 2008 sae
a luz o seu primeiro traballo discográfico, co título homónimo.
Páx. 5 de 5 -